Dende o vindeiro 15 de Decembro, ata o 22 de xaneiro 2012, no Pazo da Cultura de Pontevedra, Exposición itinerante colectiva multidisciplinar.
O Colectivo 20 65 participa, xunto a outras artistas femininas de ámbito galego e norte de Portugal, no Proxecto "Camiños en Feminino".
Proxecto subvencionado pola Fundación Camiños de Santiago, que rematará, en decembro, coa mostra no Pazo da Cultura de Pontevedra.