grupo de artistas contemporáneas // colectivo2065@gmail.com // BASILISA FIESTRAS/ PAULA CABALEIRO/ PAZ VICENTE/ CARMEN CABANEIRO/ BEATRIZ SUÁREZ SAÁ/ SILVIA CAPELO/ LIDIA COSTA/ MAGATZEM 909 MC
sábado, 8 de septiembre de 2012
miércoles, 5 de septiembre de 2012
Enlaces sobre 8k de Memoria en Móstoles
Deixámosvos varios enlaces sobre a exposición "8 k de Memoria"
sábado, 1 de septiembre de 2012
8k de memoria. Centro Villa de Móstoles (Madrid)
8k
de memoria. Exposición
colectiva multidisciplinar de:
PAULA CABALEIRO*PAZ VICENTE*SILVIA
CAPELO*BASILISA FIESTRAS
BEATRIZ S. SAÁ*MAGATZEM 909 MC*LIDIA COSTA*CARMENCABANEIRO
**Inauguración
4 de Setembro, ás 12.00h**
Centro
Vila de Móstoles (Madrid)
Tal como
dicía Jorge Luis Borges "
Somos a nosa memoria, somos ese quimérico museo de formas
inconstantes, ese montón de espellos rotos". Nada
hai tan persoal, tan subxectivo coma a memoria. Este é o punto de
partida sobre o que cada unha das compoñentes do Colectivo 20 65
reflexionan, para, finalmente,
crear unha obra cunha visión crítica e persoal. É desta pluralidade de
expresións e interpretacións de onde xurdirá unha exposición tan diversa,
plural, heteroxénea e interesante como os plantexamentos de partida.
Paula Cabaleiro traballa co
envoltorio, a vestimenta, o espazo... trazando pontes entre o real e o
ficticio. Ese xogo evidénciase, en ocasións, coma un enlace entre o tempo
presente e o tempo suspendido da ruína, ou alude ao espazo privado como lugar
onde arquivar prexuízos nesa visión persoal na que pon de manifesto as ideas de condicionamento de xénero e clase social determinadas.
A
poesía visual, na obra de Carmen Cabaneiro, transmutará a Memoria en
"Retorno aos catro elementos, a Heráclito, ao albor do labirinto, á saída
do vampirismo voraz, de recursos naturais, humanos e sociais".
Tamén a obra de Silvia Capelo fará un percorrido pola ruína, polo espazo, o pasado, analizándoo dende o seu contexto histórico e social. Finalmente transportaranos á infancia, a un universo de recordos, de xogos infantís vividos ou soñados que compartimos no seu arquivo.
A obra de Lidia Costa, baseada na súa experiencia persoal, fai
referencia á súa busca e reencontro co pasado, co efimero e determinante na súa
visión do tempo presente que trasladará a imaxes e sensacións.
Basilisa Fiestras reinterpreta e arquiva, coa súa particular visión e linguaxe, os obxectos do seu ámbito inmediato, dándolles
unha nova identidade na que se mesturan a orde física e a desorde mental, o
público e o privado nun dilatado proceso de investigación.
Beatríz S. Saá formúlase na súa obra cuestións sobre
os límites entre a razón e a cordura, tal e como apuntaba Albert Einstein na súa coñecida frase "Estou
tolo eu ou os tolos son os demais", e revisa os discursos sobre o xénero
dende esta perspectiva.
Impaciencia
absoluta dun desexo de memoria. Como chamar ao arquivo inscrito no corpo?
Recordos, titulares esvaídos polo transcorrer do tempo mentres a súa pegada na
memoria permanece... Este será o punto de partida de Paz Vicente para poñer de manifesto a súa reconstrución do pasado.
Pola súa
banda, Magatzem 909 MC (Carolina Miranda Araujo) dá forma ás arquitecturas
do arquivo, a eses lugares onde se acumula o tempo mediante unha serie de
fotografías convertidas, por un instante, no seu soporte físico.
A Memoria,
diluída polo tempo ou fixa e inmóbil no noso cerebro; épica do cotián, poética
do vivido, confórmase, en "8 k de Memoria"
a través desa variedade de matices.
Colectivo 20º65, 2012
miércoles, 22 de agosto de 2012
En breve en Madrid
Pronto poderedes gozar do
noso novo proxecto.
Será no Centro Cultural Vila de Móstoles (Madrid)
Adiantámosvos algunhas
imaxes do que poderedes ver.
sábado, 21 de julio de 2012
miércoles, 20 de junio de 2012
Próxima exposición
Xa estamos a preparar nosa próxima exposición, será despois do verán.
Versará sobre o arquivo, la memoria.
Contará con obras de Basilisa Fiestras, Beatriz S. Saá, Carmen Cabaneiro, Paula Cabaleiro, Paz Vicente, Silvia Capelo, Lidia Costa e Magatzem 909 MC.
Irémosvos dando detalles dentro de pouco...
Versará sobre o arquivo, la memoria.
Contará con obras de Basilisa Fiestras, Beatriz S. Saá, Carmen Cabaneiro, Paula Cabaleiro, Paz Vicente, Silvia Capelo, Lidia Costa e Magatzem 909 MC.
Irémosvos dando detalles dentro de pouco...
lunes, 14 de mayo de 2012
Exposición na Casa de Galicia (Madrid). Ata o 1 de xuño
"Camiños en Feminino"
Ata o 1 de xuño.
Con obras de Basilisa Fiestras , Beatriz Suárez Saá, Carmen Cabaneiro ,
Paula Cabaleiro , Paz Vicente, Silvia Capelo,Lidia Costa e Magatzem 909 MC.
Casa de Galicia.
Casado de Alisal 8. Madrid.
Horario: de 10 a 14h e de 16 a 20h. Festivos de 10 a 14h
domingo, 13 de mayo de 2012
sábado, 5 de mayo de 2012
Próxima exposición: do 8 /05/2012 ao 01/ 06/2012 en Madrid
Dende o 8 de maio ata o 1 de xuño, a exposición "Camiños en Feminino" poderase visitar na Casa de Galicia de Madrid.
C/ Casado del Alisal, 8.
Horario: de 10 a 14 e de 16 a 20 h. Festivos de 10 a 14h
Inauaguración o día 8 de maio ás 20 h
C/ Casado del Alisal, 8.
Horario: de 10 a 14 e de 16 a 20 h. Festivos de 10 a 14h
Inauaguración o día 8 de maio ás 20 h
jueves, 29 de marzo de 2012
Proxima exposición: Do 2 ao 30 de abril de 2012
Dende o 2 ata o 30 de abril, a exposición "Camiños en Feminino" poderase visitar no Convento de Cristo de Tomar (Portugal)
martes, 20 de marzo de 2012
Próxima etapa
Xa estamos a preparar nosa próxima exposición, será despois do verán.
Irémosvos dando detalles dentro de pouco...
Mentres tanto poderedes gozar da seguinte etapa de " Camiños en Feminino"
Dende o 1 de abril en Tomar (Portugal), no Convento do Cristo.
Con obras de Basilisa Fiestras , Beatriz Suárez Saá, Carmen Cabaneiro ,
Paula Cabaleiro , Paz Vicente, Silvia Capelo,Lidia Costa e Magatzem 909 MC. domingo, 12 de febrero de 2012
Do 17 de febreiro ao 17 de marzo de 2012: Ponte de Lima, Portugal
Próxima estación Portugal:
La inauguración da Exposición en Ponte de Lima será o próximo venres día 17 ás 17.30 h. na Torre dá Cadeia Velha.
Do 17 de febreiro al 17 de marzo de 2012 a a exposición itinerante colectiva "Camiños en feminino" poderá visitarse nas salas de exposición da Torre da Cadeia Velha de Ponte de Lima.
Passeio 25 de Abril
Ponte de Lima
Portugal
lunes, 23 de enero de 2012
"Camiños en Feminino" ata o 29 Xaneiro 2012
"Camiños en Feminino" exténdese unha semana máis.
Ata o 29 de Xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)