grupo de artistas contemporáneas // colectivo2065@gmail.com // BASILISA FIESTRAS/ PAULA CABALEIRO/ PAZ VICENTE/ CARMEN CABANEIRO/ BEATRIZ SUÁREZ SAÁ/ SILVIA CAPELO/ LIDIA COSTA/ MAGATZEM 909 MC
sábado, 8 de septiembre de 2012
miércoles, 5 de septiembre de 2012
Enlaces sobre 8k de Memoria en Móstoles
Deixámosvos varios enlaces sobre a exposición "8 k de Memoria"
sábado, 1 de septiembre de 2012
8k de memoria. Centro Villa de Móstoles (Madrid)
8k
de memoria. Exposición
colectiva multidisciplinar de:
PAULA CABALEIRO*PAZ VICENTE*SILVIA
CAPELO*BASILISA FIESTRAS
BEATRIZ S. SAÁ*MAGATZEM 909 MC*LIDIA COSTA*CARMENCABANEIRO
**Inauguración
4 de Setembro, ás 12.00h**
Centro
Vila de Móstoles (Madrid)
Tal como
dicía Jorge Luis Borges "
Somos a nosa memoria, somos ese quimérico museo de formas
inconstantes, ese montón de espellos rotos". Nada
hai tan persoal, tan subxectivo coma a memoria. Este é o punto de
partida sobre o que cada unha das compoñentes do Colectivo 20 65
reflexionan, para, finalmente,
crear unha obra cunha visión crítica e persoal. É desta pluralidade de
expresións e interpretacións de onde xurdirá unha exposición tan diversa,
plural, heteroxénea e interesante como os plantexamentos de partida.
Paula Cabaleiro traballa co
envoltorio, a vestimenta, o espazo... trazando pontes entre o real e o
ficticio. Ese xogo evidénciase, en ocasións, coma un enlace entre o tempo
presente e o tempo suspendido da ruína, ou alude ao espazo privado como lugar
onde arquivar prexuízos nesa visión persoal na que pon de manifesto as ideas de condicionamento de xénero e clase social determinadas.
A
poesía visual, na obra de Carmen Cabaneiro, transmutará a Memoria en
"Retorno aos catro elementos, a Heráclito, ao albor do labirinto, á saída
do vampirismo voraz, de recursos naturais, humanos e sociais".
Tamén a obra de Silvia Capelo fará un percorrido pola ruína, polo espazo, o pasado, analizándoo dende o seu contexto histórico e social. Finalmente transportaranos á infancia, a un universo de recordos, de xogos infantís vividos ou soñados que compartimos no seu arquivo.
A obra de Lidia Costa, baseada na súa experiencia persoal, fai
referencia á súa busca e reencontro co pasado, co efimero e determinante na súa
visión do tempo presente que trasladará a imaxes e sensacións.
Basilisa Fiestras reinterpreta e arquiva, coa súa particular visión e linguaxe, os obxectos do seu ámbito inmediato, dándolles
unha nova identidade na que se mesturan a orde física e a desorde mental, o
público e o privado nun dilatado proceso de investigación.
Beatríz S. Saá formúlase na súa obra cuestións sobre
os límites entre a razón e a cordura, tal e como apuntaba Albert Einstein na súa coñecida frase "Estou
tolo eu ou os tolos son os demais", e revisa os discursos sobre o xénero
dende esta perspectiva.
Impaciencia
absoluta dun desexo de memoria. Como chamar ao arquivo inscrito no corpo?
Recordos, titulares esvaídos polo transcorrer do tempo mentres a súa pegada na
memoria permanece... Este será o punto de partida de Paz Vicente para poñer de manifesto a súa reconstrución do pasado.
Pola súa
banda, Magatzem 909 MC (Carolina Miranda Araujo) dá forma ás arquitecturas
do arquivo, a eses lugares onde se acumula o tempo mediante unha serie de
fotografías convertidas, por un instante, no seu soporte físico.
A Memoria,
diluída polo tempo ou fixa e inmóbil no noso cerebro; épica do cotián, poética
do vivido, confórmase, en "8 k de Memoria"
a través desa variedade de matices.
Colectivo 20º65, 2012
Suscribirse a:
Entradas (Atom)