Será o próximo 8 de Marzo ás 20.00h .
Fuxindo de victimismos, Creamos (nós) presentará obra de artistas que hoxe se atopan creando na Galicia actual, dunha xeración de tecedoras da cultura que de algunha maneira reivindican a posición da muller na arte contemporánea, descubrindo con iso novos paradigmas de creación.
CREAMOS(NÓS) ; mulleres artistas en 1ªpersoa, fai un guiño dende o propio título ó binomio crer/crear, enfatizando o papel fundamental que respecto á arte das últimas décadas tivo tanto o pensamento feminista, como a aportación de numerosas mulleres artistas.
Este é un proxecto expositivo que se construe con diferentes liñas discursivas enriquecedoras, colocando tiles e poñendo en evidencia algúns dos principais asuntos cuestionados nas últimas décadas por artistas femininas (identidade, sexualidade, maternidade, familia, xénero, memoria, vida cotiá, espazo privado e público... ), vertentes temáticas argumentadas dende pintura, escultura, instalación, debuxo, grabado, ilustración e indumentaria.
Esta mostra estará dedicada na súa totalidade á producción artistica feminina en Galicia propiciando un diálogo multixercional, heteroxéneo en canto a formación, orixe geográfica, temáticas e disciplinas. Baixo a premisa de esnaquizar os esterotipos para presentar unha visión fresca, dinámica e movilizadora da vinculación do xénero ó mundo da arte, co respeto que merece, pero ó mesmo tempo coa reflexión crítica e diverxente como principio.
Paula Cabaleiro
Comisaria