"Cristal de Mora" foi finalmente un éxito. A instalación-performance do colectivo 20 65 contou cun dilatado e participativo público na concurrida Praza Roxa compostelana.
A acción artística clausuraba a xornada "A beleza está na rúa" dentro do proxecto cultural Que ves cando me ves? Xornadas pola visibilidade da muller na produción cultural galega e reflexión crítica da cidadanía (subvencionado polo Instituto de la Mujer).
E esta cidadanía axudou ás integrantes do colectivo a liberalos 300 globos, a vencer ese simbólico "teito de cristal".
Grazas a todos por facer posible esta acción!
No hay comentarios:
Publicar un comentario