8 k de Memoria en CC Villa de Móstoles

sábado, 1 de septiembre de 2012

8k de memoria. Centro Villa de Móstoles (Madrid)

8k de memoria. Exposición colectiva multidisciplinar de:

PAULA CABALEIRO*PAZ VICENTE*SILVIA CAPELO*BASILISA FIESTRAS

BEATRIZ S. SAÁ*MAGATZEM 909 MC*LIDIA COSTA*CARMENCABANEIRO

**Inauguración 4 de Setembro, ás 12.00h** 

Centro Vila de Móstoles (Madrid)


Tal como dicía Jorge Luis Borges " Somos a nosa memoria, somos ese quimérico museo de formas inconstantes, ese montón de espellos rotos". Nada hai tan persoal, tan subxectivo coma a memoria.   Este é o punto de partida sobre o que cada unha das compoñentes do Colectivo 20 65 reflexionan, para,  finalmente, crear unha obra cunha visión crítica e persoal. É desta pluralidade de expresións e interpretacións de onde xurdirá unha exposición tan diversa, plural, heteroxénea e interesante como os plantexamentos de partida. 
Paula Cabaleiro traballa co envoltorio, a vestimenta, o espazo... trazando pontes entre o real e o ficticio. Ese xogo evidénciase, en ocasións, coma un enlace entre o tempo presente e o tempo suspendido da ruína, ou alude ao espazo privado como lugar onde arquivar prexuízos nesa visión persoal na que pon de manifesto as ideas de condicionamento de xénero e clase social determinadas. 

A poesía visual, na obra de Carmen Cabaneiro, transmutará a Memoria en "Retorno aos catro elementos, a Heráclito, ao albor do labirinto, á saída do vampirismo voraz, de recursos naturais, humanos e sociais".
Tamén a obra de Silvia Capelo fará un percorrido pola ruína, polo espazo, o pasado, analizándoo dende o seu contexto histórico e social. Finalmente transportaranos á infancia, a un universo de recordos, de xogos infantís vividos ou soñados que compartimos no seu arquivo.

A obra de Lidia Costa, baseada na súa experiencia persoal, fai referencia á súa busca e reencontro co pasado, co efimero e determinante na súa visión do tempo presente que trasladará a imaxes e sensacións.
Basilisa Fiestras reinterpreta e arquiva, coa súa particular visión e linguaxe, os obxectos do seu ámbito inmediato, dándolles unha nova identidade na que se mesturan a orde física e a desorde mental, o público e o privado nun dilatado proceso de investigación.


Beatríz S. Saá formúlase na súa obra cuestións sobre os límites entre a razón e a cordura, tal e como apuntaba Albert Einstein na súa coñecida frase "Estou tolo eu ou os tolos son os demais", e revisa os discursos sobre o xénero dende esta perspectiva. 
Impaciencia absoluta dun desexo de memoria. Como chamar ao arquivo inscrito no corpo? Recordos, titulares esvaídos polo transcorrer do tempo mentres a súa pegada na memoria permanece... Este será o punto de partida de Paz Vicente para poñer de manifesto a súa reconstrución do pasado.
Pola súa banda, Magatzem 909 MC (Carolina Miranda Araujo) dá forma ás arquitecturas do arquivo, a eses lugares onde se acumula o tempo mediante unha serie de fotografías convertidas, por un instante, no seu soporte físico.
A Memoria, diluída polo tempo ou fixa e inmóbil no noso cerebro; épica do cotián, poética do vivido, confórmase, en "8 k de Memoria" a través desa variedade de matices.

Colectivo 20º65, 2012



miércoles, 22 de agosto de 2012

En breve en Madrid

Pronto poderedes gozar do noso novo proxecto.
 Será no Centro Cultural Vila de Móstoles (Madrid)
Adiantámosvos algunhas imaxes do que poderedes ver.



sábado, 21 de julio de 2012

Proximamente

Un anticipo da nosa próxima exposición
 Será en Madrid. Irémosvos anticipando máis cousas en breve

miércoles, 20 de junio de 2012

Próxima exposición

Xa estamos a preparar nosa próxima exposición, será despois do verán. 
Versará sobre o arquivo, la memoria.
Contará con obras de Basilisa Fiestras, Beatriz S. SaáCarmen CabaneiroPaula CabaleiroPaz VicenteSilvia CapeloLidia Costa e Magatzem 909 MC. 
Irémosvos dando detalles dentro de pouco...

lunes, 14 de mayo de 2012

Exposición na Casa de Galicia (Madrid). Ata o 1 de xuño


"Camiños en Feminino"
Ata o 1 de xuño.
Con obras de Basilisa Fiestras , Beatriz Suárez Saá, Carmen Cabaneiro , 
Paula Cabaleiro , Paz VicenteSilvia Capelo,Lidia Costa e Magatzem 909 MC.
Casa de Galicia.
Casado de Alisal 8. Madrid.
Horario: de 10 a 14h e de 16 a 20h. Festivos de 10 a 14h 

domingo, 13 de mayo de 2012

En Madrid. Ata o 1 de xuño

"Camiños en Feminino"
Ata o 1 de xuño.
Casa de Galicia.
Casado de Alisal 8. Madrid.



sábado, 5 de mayo de 2012

Próxima exposición: do 8 /05/2012 ao 01/ 06/2012 en Madrid

Dende o 8 de maio ata o 1 de xuño, a exposición "Camiños en Feminino" poderase visitar na Casa de Galicia de Madrid.
C/ Casado del Alisal, 8.
Horario: de 10 a 14 e de 16 a 20 h. Festivos de 10 a 14h
Inauaguración o día 8 de maio ás 20 h


jueves, 29 de marzo de 2012

Proxima exposición: Do 2 ao 30 de abril de 2012

Dende o 2 ata o 30 de abril, a exposición "Camiños en Feminino" poderase visitar no Convento de Cristo de Tomar (Portugal)

martes, 20 de marzo de 2012

Próxima etapa



Xa estamos a preparar nosa próxima exposición, será despois do verán.
Irémosvos dando detalles dentro de pouco...
Mentres tanto poderedes gozar da seguinte etapa de " Camiños en Feminino"
Dende o 1 de abril en Tomar (Portugal), no Convento do Cristo.


Con obras de Basilisa Fiestras , Beatriz Suárez Saá, Carmen Cabaneiro , 
Paula Cabaleiro , Paz VicenteSilvia Capelo,Lidia Costa e Magatzem 909 MC. 

domingo, 12 de febrero de 2012

Do 17 de febreiro ao 17 de marzo de 2012: Ponte de Lima, Portugal

Próxima estación Portugal:


La inauguración da Exposición en Ponte de Lima será o próximo venres día 17 ás 17.30 h. na Torre dá Cadeia Velha.


Do 17 de febreiro al 17 de marzo de 2012 a a exposición itinerante colectiva "Camiños en feminino" poderá visitarse nas salas de exposición da Torre da Cadeia Velha de Ponte de Lima.
Passeio 25 de Abril
Ponte de Lima
Portugal

lunes, 23 de enero de 2012

"Camiños en Feminino" ata o 29 Xaneiro 2012


"Camiños en Feminino" exténdese unha semana máis.
Ata o 29 de Xaneiro no Pazo da Cultura de Pontevedra.

"CAMIÑOS EN FEMININO"

"IDENTITAS"