8 k de Memoria en CC Villa de Móstoles

miércoles, 20 de febrero de 2013

Próximamente :Creamos(nos) con participación de varias compoñentes de colectivo 2065

Colectivo 2065 invítavos á inauguración de Creamos (nós) exposición na que participan varias das compoñentes do colectivo. 
Será o próximo 8 de Marzo ás 20.00h .

Fuxindo de victimismos, Creamos (nós) presentará obra de artistas que hoxe se atopan creando na Galicia actual, dunha xeración de tecedoras da cultura que de algunha maneira reivindican a posición da muller na arte contemporánea, descubrindo con iso novos paradigmas de creación.
CREAMOS(NÓS) ; mulleres artistas en 1ªpersoa, fai un guiño dende o propio título ó binomio crer/crear, enfatizando o papel fundamental que respecto á arte das últimas décadas tivo tanto o pensamento feminista, como a aportación de numerosas mulleres artistas.
Este é un proxecto expositivo que se construe con diferentes liñas discursivas enriquecedoras, colocando tiles e poñendo en evidencia algúns dos principais asuntos cuestionados nas últimas décadas por artistas femininas (identidade, sexualidade, maternidade, familia, xénero, memoria, vida cotiá, espazo privado e público... ), vertentes temáticas argumentadas dende pintura, escultura, instalación, debuxo, grabado, ilustración e indumentaria. 
Esta mostra estará dedicada na súa totalidade á producción artistica feminina en Galicia propiciando un diálogo multixercional, heteroxéneo en canto a formación, orixe geográfica, temáticas e disciplinas. Baixo a premisa de esnaquizar os esterotipos para presentar unha visión fresca, dinámica e movilizadora da vinculación do xénero ó mundo da arte, co respeto que merece, pero ó mesmo tempo coa reflexión crítica e diverxente como principio.
Paula Cabaleiro
Comisaria

"Andante"

Últimas (andanzas) dalgunhas das artistas do colectivo. Convidadas por Ramón Álvarez a formar parte dun interesante proxecto, "Andante".
Unha colección que o seu creador define como "aberta, atemporal e democrática" e que vai crecendo día a día. 
A continuación deixámosvos algunhas fotografías das obras de Paula CabaleiroCarmen Cabaneiro, Silvia Capelo, Basilisa Fiestras e Paz Vicente, que xa forman parte da colección.







"CAMIÑOS EN FEMININO"

"IDENTITAS"