8 k de Memoria en CC Villa de Móstoles

miércoles, 30 de noviembre de 2011

Dende o 15 de Decembro no Pazo da Cultura de Pontevedra

Dende o vindeiro 15 de Decembro, ata o 22 de xaneiro 2012, no Pazo da Cultura de Pontevedra,  Exposición itinerante colectiva multidisciplinar.


Colectivo 20 65 participa, xunto a outras artistas femininas de ámbito galego e norte de Portugal, no Proxecto "Camiños en Feminino".




Proxecto subvencionado pola Fundación Camiños de Santiago, que rematará, en decembro, coa mostra no Pazo da Cultura de Pontevedra.

miércoles, 12 de octubre de 2011

Do 6 ao 27 de outubro no CMI Pumarín Gijón Sur.












No CMI Pumarín Gijón Sur.
Gijón
C/Ramón Areces, 7 
Horario:
De 8:00 a 22:00 de luns a sábado. Domingo de 8:00 a 15:00.

lunes, 12 de septiembre de 2011

En outubro en Gijón

 "Identitas" 
Exposicion colectiva multidisciplinar
 Do 6 ao 27 de outubro 
 No Centro Municipal Gijón Sur
Con obras de Basilisa Fiestras , Beatriz Suárez Saá, Carmen Cabaneiro
Carolina Caluori, Lidia Costa, Magatzem 909 MC, 
Paula Cabaleiro , Paz Vicente e Silvia Capelo
 

jueves, 4 de agosto de 2011

Inauguración da exposición "Identitas"

Inauguración da exposición do colectivo 20 65
o venres 05 ás 20:00 h inaugúrase unha nova etapa da Identitas que se pode visitar todo o mes, ata o 31 de agosto .
Galería Sargadelos Ferrol
Rubalcava 30-32
Ferrol


Nota de prensa publicada hoxe diario de ferrol

jueves, 23 de junio de 2011

e finalmente chegou o sábado 18...todos á rúa!



"Cristal de Mora" foi finalmente un éxito. A instalación-performance do colectivo 20 65 contou cun dilatado e participativo público na concurrida Praza Roxa compostelana.

A acción artística clausuraba a xornada "A beleza está na rúa" dentro do proxecto cultural Que ves cando me ves? Xornadas pola visibilidade da muller na produción cultural galega e reflexión crítica da cidadanía (subvencionado polo Instituto de la Mujer).

E esta cidadanía axudou ás integrantes do colectivo a liberalos 300 globos, a vencer ese simbólico "teito de cristal".

Grazas a todos por facer posible esta acción!





martes, 24 de mayo de 2011

instalación-performance CRISTAL DE MORA

O vindeiro 18 de Xuño, na Praza Roxa
Santiago de Compostela / Colectivo 20 65
Instalación a partir das 11h., performance ás 14.30h

dentro do proxecto
QUE VES CANDO ME VES? Xornadas sobre a visibilidade da muller na producción gallega actual e reflexión crítica da cidadanía _ Maio-Xuño 2011, Santiago de Compostela





COLECTIVO ARTÍSTICO 20 65 (20ºC e 65% de humidade)
Aproveitando as particularidades comunicativas da creación contemporánea, queremos provocar unha reflexión crítica nos cidadáns de  Santiago de Compostela sobre o “teito de cristal” que envolve ás mulleres na nosa sociedade.
Basilisa Fiestras
Beatriz Suárez Saá
Carmen Cabaneiro
Carolina Caluori
Lidia Costa
Magatzem 909 MC
Paula Cabaleiro
Paz Vicente
Silvia Capelo


Outra vez o feminismo?
Unha pregunta que xorde, se o feminismo non fose unha vaga noticia que provén dun pasado pouco distante ou constituíse categoría de pensamento reducido á súa inclusión nas materias académicas, ou tendencias historicistas.

Isto deriva dun certo suceso do feminismo, que dalgún xeito foi capaz de chamar a atención para as desigualdades de xénero no traballo e no fogar, que fixo da “muller” un tópico universitario e permitiu repensar algúns dos conceptos da sexualidade humana. Con todo, un dos primeiros grandes obxectivos do feminismo foi alcanzado, entre os cales se inclúe un patriarcado universalmente opresivo, ao cal todos os homes pertencían sen excepción. Un obxectivo alcanzado parcialmente e nalgúns contextos moi delimitados (e obviamente, non a nivel mundial) que propicia unha gran complexidade, onde cuestións e respostas xa non poden ser articuladas dunha forma simple.

Neste sentido, a acción “Cristal de mora” pretende reactivar a unha dimensión histórica as inxustizas éticas, sociais, políticas e relixiosas realizadas en nome dun concepto da muller, na cal pódense tomar como exemplo, os desvíos superficialmente asociados a certas prácticas, que eran materia suficiente para unha condena ou mesmo a morte, que se cualificaba baixo termos como o de \"bruxaría\" , unha arma conceptual desenvolvida con tal pericia mortífera que levou á morte en condicións indescritibles a multitude de mulleres.
Ao liberar os globos de múltiples tamaños e tons violeta, as artistas estarían por unha banda demostrando os límites das fronteiras dos actos permitidos á muller (unha cruel fronteira que está ironicamente delimitada por un “teito de cristal”) e doutra banda, e máis concretamente ao liberar os globos, establécese o acto da acción que permite desubicar historicamente a fronteira da permisividade no campo social, político e relixioso.




ACCIÓN

A acción consistirá en colocar na Praza Roxa da cidade de Santiago de Compostela, un símbolo do “teito de cristal” que demostra o límite e a fronteira dos actos permitidos á muller. Con 300 globos (de cor violeta e múltiples tamaños) suspensos no aire por helio e suxeitos por fíos a unha rede  situada no chan como representación da nosa sociedade.
As 9 artistas convidan o público a cortar ou desfacer os nós dos fíos que están suxeitos ao chan liberando e rompendo esta capa presente que aos poucos se vai desvanecendo e fundíndose co ceo. A acciónacaba cando todos os globos son liberados e o teito desapareceu na súa forma.



Obxectivos

Fomentar o debate crítico e a reflexión filosófica en torno á Arte Contemporánea e ás cuestións de xénero.
Involucrar e facer partícipes aos diversos espectadores e cidadáns de Santiago de Compostela.

Identitas

... y entras en este espacio absorvente, que te desplaza en el tiempo con su carácter rústico, y contemplas a lo lejos una alfombra roja, que con sus pliegues delicados, huye escurridiza a otra estancia. Puede que tu curiosidad, te lleve a tratar de averiguar de donde parte y hacia donde discurre, qué ha visto y qué te enseñará, y entonces la sigues. Ella misma te obliga a pisarla, y entonces entras en una sala con una luz cálida, que te acoge y te muestras las obras de Paula Cabaleiro. Esa alfombra roja que te ha llamado se fusiona ahora en una escultura que se comtempla, a modo de reflejo, en un cuadro.
A tu izquierda, un destello de luz capta tu atención. Es una fotografía de Basilisa Fiestras, que plasma la identidad a través de la indumentaria.

Al igual que una escultura de Carmen Cabaneiro, que trata de atrapar a Cronos, aunque este se balancea inalcanzable sobre ella. La propia Carmen te lleva con sus esculturas a la segunda estancia, que irradia pureza por sus paredes blancas. En ella, conviven las fotos "duales" de Paz Vicente con las esencias captadas por Lidia Costa en sus pinturas expresionistas. Frente a ellas, los pliegues internos de Silvia Capelo nos violentan con una expresividad cromática que nos remite a la anterior alfombra roja. Las pequeñas cajas de luz de Carolina Caluori se transforman en pequeñas sorpresas, en pequeñas delicias que nos hablan de sus orígenes. Y proseguimos nuestro recorrido. Una escultura de Beatriz Suarez nos recibe a la entrada. Es en sí misma un manifiesto, un retrato de su autora, y un retrato social. Y nos presenta a sus compañeras, los cuadros que palabra a palabra, frase a frase han sido pintado por las mismas manos, las de Beatriz. 

 Magatzem 909 MC,que se presentan de modo directo,articulando una crítica a la identidad, desde campos tan duros como el terrorismo o la transexualidad, a partir de fragmentos de la realidad,reconstruyendo una narratividad que se haya rota, un nuevo mensaje.
Y finalmente, nos veremos sorprendido por las fotografías de


Esto es Identitas...animaros a experimentarla!

"CAMIÑOS EN FEMININO"

"IDENTITAS"