8 k de Memoria en CC Villa de Móstoles

martes, 1 de abril de 2014

Do 15 ao 18 de maio. Hong Kong 2014

Carmen Cabaneiro , membro do Colectivo, na Asia Contemporary Art Show
Hong Kong 2014
Do 15 ao 18 de maio.

Dende o 14 de Marzo. Galería Metro. Santiago de Compostela


Dende o 14 de marzo ata o 12 de abril podese visitar ::Piel y silencio :: 
dentro do Festival Miradas de Mulleres 2014
coa participación da compoñente de Colectivo 2065 Basilisa Fiestras
na galería Metro. Santiago de Compostela

viernes, 14 de febrero de 2014

Próximamente : Festival Miradas de Mulleres


Próximamente :  Festival Miradas de Mulleres con participación de varias compoñentes de colectivo 2065.

Colectivo 2065 invítavos ao Acto Inaugural do Festival Miradas de Mulleres en Galicia.

Festival nel que participan varias das compoñentes do colectivo.

Será o próximo 8 de Marzo ás 20.30h na Sala de Exposicións do Pazo San Marcos.

Rede Museística Provincial de Lugo. 

Dende o 1 de Marzo ata o 27 de Abril. AGORA, NÓS. M.AR.CA. León

Dende o 1 de marzo ata o 27 de abril podese visitar ::AGORA,NÓS:: 
dentro do Festival Miradas de Mulleres
coa participación das compoñentes de Colectivo 2065 Paula Cabaleiro e Paz Vicente 
Inauguración Sábado 1 de Marzo ás 12.30h
No MUSEO ARQUEOLÓGICO DE CACABELOS
C/ Angustias 27
987 546 993


jueves, 13 de febrero de 2014

Do 13 de Febreiro ata o 31 de Marzo. Museo M.AR.CA.

Preinauguración de :: AGORA, NÓS ::
con :: aprendo a ser vestido :: de Paula Cabaleiro .
Xoves 13 de Febreiro ás 12.30h
Museo M.AR.CA. [Museo Arqueológico de cacabelos]
C/ Angustias, 27
987 546 993
Más información en la plataforma web dedicada a AGORA, NÓS

Do 06.02.2014 na Sala-X Uvigo. Pontevedra


Xa está inaugurada a primeira exposición en Galicia do Festival Miradas de Mulleres 2014
Sala-x Uvigo en Pontevedra
Unha das participantes é Basilisa Fiestras, compoñente de colectivo 2065
Inauguración : 06/02/2014


domingo, 17 de noviembre de 2013

Do 28 de novembro ao 1 de decembro

Do 28 de novembro ao 1 de decembro celébrase o FIG - FESTIVAL INTERNACIONAL DE GRAVADO CONTEMPORÁNEO na cidade de Bilbao.
Paz Vicente, membro de colectivo 2065 participará na II edición deste Festival.
A responsable de presentar os seus novos traballos é a Galería barcel-one

Dende o 29 de novembro ata o 1 de Decembro


Da man de Paula Cabaleiro, unha das compoñentes de Colectivo 2065, xorde Cuarto Público, un proxecto de Feira independente, que celebra a súa primeira edición en Santiago de Compostela e no que participa outra das compoñentes de Colectivo 2065, Beatríz S. Saá.

sábado, 16 de noviembre de 2013

Do 1 ao 28 de setembro Creamos(nos)II en Foz con participación de varias compoñentes do colectivo 2065

Do 1 ao 28 de setembro en Cenima de Foz (Lugo) 
Creamos(nós) II comisariada por Basilisa Fiestras y Paz Vicente con participación das compoñentes do colectivo 2065  Beatríz S. Saá e Paula Cabaleiro .








martes, 18 de junio de 2013

Dende o 14 xuño ata o 26 xullo 2013 ArtistasEnRed en Ponferrada

Dende o 14 xuño ata o 26 xullo Paula Cabaleiro, Beatríz S. Saá, Basilisa Fiestras Y Paz Vicente, componentes de Colectivo 2065, participan en ArtistasEnREd, exposición colectiva na Galería Dosmilvacas.arte de Ponferrada (León)
Avda. Astorga 7
Aqui deixámosvos algunhas imagenes da exposición





lunes, 13 de mayo de 2013

Andante no Centro Cultural Marcos Valcarcel (Ourense)

Aqui deixámosvos algunhas imagenes da exposición Andante 
no Centro Cultural Marcos Valcarcel (Ourense)





miércoles, 8 de mayo de 2013

Dende o 3 de maio ata o 24 de xuño "Andante". Orense

Dende o 3 de maio ata o 24 de xuño podese visitar Andante.
coa participación de varias compoñentes de Colectivo 2065.
 no Centro Cultural Maros Valcarcel de Orense.
C/Progreso 30
Deixámosvos un video 






miércoles, 13 de marzo de 2013

Creamos(nós) hasta el 31 de Marzo

Aqui deixámosvos algunhas imagenes das obras que algunhas compoñentes de Colectivo 2065 han achegada a Creamos(nós).
Inaugurada con motivo do día internacional da muller o 8 de marzo, pódese visitar no auditorio de Cangas (Pontevedra) até o día 31






miércoles, 20 de febrero de 2013

Próximamente :Creamos(nos) con participación de varias compoñentes de colectivo 2065

Colectivo 2065 invítavos á inauguración de Creamos (nós) exposición na que participan varias das compoñentes do colectivo. 
Será o próximo 8 de Marzo ás 20.00h .

Fuxindo de victimismos, Creamos (nós) presentará obra de artistas que hoxe se atopan creando na Galicia actual, dunha xeración de tecedoras da cultura que de algunha maneira reivindican a posición da muller na arte contemporánea, descubrindo con iso novos paradigmas de creación.
CREAMOS(NÓS) ; mulleres artistas en 1ªpersoa, fai un guiño dende o propio título ó binomio crer/crear, enfatizando o papel fundamental que respecto á arte das últimas décadas tivo tanto o pensamento feminista, como a aportación de numerosas mulleres artistas.
Este é un proxecto expositivo que se construe con diferentes liñas discursivas enriquecedoras, colocando tiles e poñendo en evidencia algúns dos principais asuntos cuestionados nas últimas décadas por artistas femininas (identidade, sexualidade, maternidade, familia, xénero, memoria, vida cotiá, espazo privado e público... ), vertentes temáticas argumentadas dende pintura, escultura, instalación, debuxo, grabado, ilustración e indumentaria. 
Esta mostra estará dedicada na súa totalidade á producción artistica feminina en Galicia propiciando un diálogo multixercional, heteroxéneo en canto a formación, orixe geográfica, temáticas e disciplinas. Baixo a premisa de esnaquizar os esterotipos para presentar unha visión fresca, dinámica e movilizadora da vinculación do xénero ó mundo da arte, co respeto que merece, pero ó mesmo tempo coa reflexión crítica e diverxente como principio.
Paula Cabaleiro
Comisaria

"Andante"

Últimas (andanzas) dalgunhas das artistas do colectivo. Convidadas por Ramón Álvarez a formar parte dun interesante proxecto, "Andante".
Unha colección que o seu creador define como "aberta, atemporal e democrática" e que vai crecendo día a día. 
A continuación deixámosvos algunhas fotografías das obras de Paula Cabaleiro, Carmen Cabaneiro, Silvia Capelo, Basilisa Fiestras e Paz Vicente, que xa forman parte da colección.







"CAMIÑOS EN FEMININO"

"IDENTITAS"