8 k de Memoria en CC Villa de Móstoles

martes, 24 de mayo de 2011

instalación-performance CRISTAL DE MORA

O vindeiro 18 de Xuño, na Praza Roxa
Santiago de Compostela / Colectivo 20 65
Instalación a partir das 11h., performance ás 14.30h

dentro do proxecto
QUE VES CANDO ME VES? Xornadas sobre a visibilidade da muller na producción gallega actual e reflexión crítica da cidadanía _ Maio-Xuño 2011, Santiago de Compostela





COLECTIVO ARTÍSTICO 20 65 (20ºC e 65% de humidade)
Aproveitando as particularidades comunicativas da creación contemporánea, queremos provocar unha reflexión crítica nos cidadáns de  Santiago de Compostela sobre o “teito de cristal” que envolve ás mulleres na nosa sociedade.
Basilisa Fiestras
Beatriz Suárez Saá
Carmen Cabaneiro
Carolina Caluori
Lidia Costa
Magatzem 909 MC
Paula Cabaleiro
Paz Vicente
Silvia Capelo


Outra vez o feminismo?
Unha pregunta que xorde, se o feminismo non fose unha vaga noticia que provén dun pasado pouco distante ou constituíse categoría de pensamento reducido á súa inclusión nas materias académicas, ou tendencias historicistas.

Isto deriva dun certo suceso do feminismo, que dalgún xeito foi capaz de chamar a atención para as desigualdades de xénero no traballo e no fogar, que fixo da “muller” un tópico universitario e permitiu repensar algúns dos conceptos da sexualidade humana. Con todo, un dos primeiros grandes obxectivos do feminismo foi alcanzado, entre os cales se inclúe un patriarcado universalmente opresivo, ao cal todos os homes pertencían sen excepción. Un obxectivo alcanzado parcialmente e nalgúns contextos moi delimitados (e obviamente, non a nivel mundial) que propicia unha gran complexidade, onde cuestións e respostas xa non poden ser articuladas dunha forma simple.

Neste sentido, a acción “Cristal de mora” pretende reactivar a unha dimensión histórica as inxustizas éticas, sociais, políticas e relixiosas realizadas en nome dun concepto da muller, na cal pódense tomar como exemplo, os desvíos superficialmente asociados a certas prácticas, que eran materia suficiente para unha condena ou mesmo a morte, que se cualificaba baixo termos como o de \"bruxaría\" , unha arma conceptual desenvolvida con tal pericia mortífera que levou á morte en condicións indescritibles a multitude de mulleres.
Ao liberar os globos de múltiples tamaños e tons violeta, as artistas estarían por unha banda demostrando os límites das fronteiras dos actos permitidos á muller (unha cruel fronteira que está ironicamente delimitada por un “teito de cristal”) e doutra banda, e máis concretamente ao liberar os globos, establécese o acto da acción que permite desubicar historicamente a fronteira da permisividade no campo social, político e relixioso.




ACCIÓN

A acción consistirá en colocar na Praza Roxa da cidade de Santiago de Compostela, un símbolo do “teito de cristal” que demostra o límite e a fronteira dos actos permitidos á muller. Con 300 globos (de cor violeta e múltiples tamaños) suspensos no aire por helio e suxeitos por fíos a unha rede  situada no chan como representación da nosa sociedade.
As 9 artistas convidan o público a cortar ou desfacer os nós dos fíos que están suxeitos ao chan liberando e rompendo esta capa presente que aos poucos se vai desvanecendo e fundíndose co ceo. A acciónacaba cando todos os globos son liberados e o teito desapareceu na súa forma.



Obxectivos

Fomentar o debate crítico e a reflexión filosófica en torno á Arte Contemporánea e ás cuestións de xénero.
Involucrar e facer partícipes aos diversos espectadores e cidadáns de Santiago de Compostela.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

"CAMIÑOS EN FEMININO"

"IDENTITAS"